A próxima fin de semana chega ao seu fin a programación teatral de outono organizada polo Colectivo Cultural Buril. A cita teatral terá lugar osábado 27 de outubro ás 20hno Auditorio da Casa de Cultura de Burela co espectáculo"Radio Universo" representado por Nostrum Cai Teatro.
A compañía Nostrum Cai tén unha traxectoria de máis de dez anos no panorama teatral galego e tén realizado numerosos espectáculos de danza e teatro. A compañía está formada por seis intérpretes baixo a dirección de Lola Fernández."Radio Universo" é un guión de teatro radiofónico creado polo Grupo Chévere e adaptada para a representación por Nostrum Cai Teatro.
Sinopse de "Radio Universo"
Século XXV. Galicia é o único país do planeta onde os niveis de clonación alcanzan a perfección máis alá do clon número 200 da mesma persoa. A industria da clonación creceu arredor dos experimentos realizados na figura do Primeiro Presidente. Unha estirpe de clons do Primeiro gobernan o país dende o século XXI. Mentres se resolvían os últimos casos do moco de pavo nas granxas de Cloren, comezou a tomar forma un novo perigo: a morriña, enfermidade que ataca fatalmente aos galegos dentro da súa propia terra. Ante tal situación CLONTINENTE, a empresa creada polo Primeiro Presidente, anuncia un plan de choque para solucionar o problema, O PLAN LEDICIA: “enviaremos unha misión tripulada a bordo do cruceiro interestelar LALÍN 2000 para demostrar que o universo é curvo”.
RADIO UNIVERSO, a emisora galega no espacio exterior, con MariCastaña e SuperCarballeira, é a encargada de facer o seguimento da travesía do Cruceiro Interestelar.
A representación desta obra enmárcase dentro do programa Buxiganga, organizado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, que busca promover o teatro a nivel municipal e dar pulo aos pequenos grupos teatrais.
Humor2.0 Retranca
para o séculoXXI Os monólogos de CARLOS BLANCO atopan acubillo e
transfórmanse en hip-hop hipnótico nas bases de BUDiÑO DJ Dúas
figuras da escena galega UNEN AS SUAS FORZAS!!
iLalelo!
Falando
de redes sociais... de redeiras cibernéticas, De poemas
imposibles. Facendo participar ao público de salas e festas. Con
risas garantidas polo humor intelixente de CARLOS BLANCO. Coa
calidade musical de BUDIÑO DJ (aportando tamén a súa música en
directo).
iLalelo!
Un espectáculo chamado a mover
masas. A exportar o Galicia Calidade polo mundo. Un show
diferente a todos. Fresco, valente, vivo...
Para non
perdelo!
iLalelo!
Porque estamos no mundo.... iLalelo
- carlos blanco & budiño Dj
facebook/ilalelotour
CHEBRÉVERE. O bo se breve dúas veces chévere
En
escea: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron.
Músicos ao vivo: Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián
No
2012 o grupo de teatro Chévere cumpre 25 anos de actividade
escénica. En tal data a compañía non podía deixar de visitar
Burela, pois esta vila foi unha das primeiras en confiar no seu
talante teatral e aquí atoparon un dos seus primeiros públicos
cómplices. Foi no desaparecido Cine Mon, alá polo final dos anos
oitenta, convidados polo C.C. Buril, cando Chévere presentou a súa
versión escénica dos míticos superheroes, "O mal non acouga".
Un título premonitorio do que sería a historia de Galiza e, por
extensión, do resto do mundo nestas últimas dúas décadas. Tempo
no que os Chévere tiveron que aprender a facer teatro de verdade
para subsistir. Mellor ou peor, o feito é que chegaron ata aquí
mantendo a súa independencia, deixando no camiño decenas de
espectáculos, centos de actuacións e nada menos que 20 anos de
actividade na Sala Nasa. Como nunha pequena festa de cumpreanos e
como agasallo da compañía a todo o público de Burela e da Mariña,
Chévere ofrecerá unha escolma de pezas breves extraíadas do seu
repertorio clásico e recente. Sketches, cancións, personaxes e
historias feitas a pé de escenario que retratan o xeito de entender
o humor, o amor e os odios destes cómicos incansables que son os
Chévere.
Vacacións no mar
Vacacións
no Mar é un espectáculo de títeres de luva, no que se conxuga o
tradicional estilo da cachiporra, tan eficaz dramáticamente, cuns
caracteres e uns aconteceres renovados para o público de hoxe en
día.
Tanto
as escenografías como os mecanismos e os bonecos son pezas únicas,
deseñados e creados no obradoiro artesán de Mircromina. Este
espírito artesanal chega ata a música do espectáculo: parte dela
foi creada específicamente para o espectáculo por Falsario, artista
que traballa en exclusiva para a Compañía; en canto ó resto, é
unha selección de músicas libres, orixinais de Rymsky-Korsakov
unhas e temas populares interpretados pola formación lucense Kivitka
as demáis.
Deste
xeito, cun sinxelo e eficaz guión, unhas personaxes de marcadas
personalidades e un ritmo trepidante, Mircromina fai a sua
contribución á renovación deste xénero dramático e ó desfrute
das almas nenas.
Sinopse
A
Mariña encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho
chega a porto no seu veleiro “Ovos con patacas”... pero nun
descuido o pirata Ollo Virollo toma prestada a nave e faise ao mar.
Tras 45 min de acción ¿Cumprirá Mariña o seu soño de dar a volta
ao planeta?